As granxas da queixería

Gandeiría ecolóxica
Granxa Curiscada
No ídilico lugar da Curiscada, un lugar con encanto da parroquia de Burres no Concello de Arzúa albergamos a nosa granxa ecolóxica que rolda as 34 ha de superficie agrícola.
Ao fronte desta granxa gandeira, familiar e ecolóxica está Pilar Castro Vallo, gandeira e empresaria que conta tamén cunha casa de turismo rural, o que xustifica aínda máis se cabe a atracción pola terra, polos animais e por obter unha materia prima de calidade.
Gandeiría ecolóxica
Gandeiría Casa do Xordo
Situada no Lugar da Cal na parroquia de Maroxo e no Concello de Arzúa loce a granxa gandeira, familiar e ecolóxica de Xosé Luis Fernández Segade con unha superficie útil de 45 ha.
Unha granxa familiar que dende 1926 foi seguindo o relevo xeracional, sempre amantes do rural a os que lles gusta valorar e que valoren o traballo, os animáis, o entorno e en xeral o sistema ecolóxico.


Gandeiría ecolóxica
Gandería Pear
No bonito lugar de Bustelo na parroquia de Brandeso tamén no Concello de Arzúa atopamos a granxa gandeira, familiar e ecolóxica de Jesus Pereira.
Tratan de preservar, manter e mellorar a calidade dos recursos e dos equilibrios naturais que rodean ao seu gando para así obter unha alimentación boa e diferenciada.