Queixos Verbas

O noso proxecto ecolóxico
Queixo ecolóxico de produción responsable
O proxecto Lactear S.A.T nace da fusión de tres granxas familiares e ecolóxicas.
Apostamos por un método de producción responsable, respetuoso co medio ambente e coa biodiversidade do entorno natural.
Contamos cunha pequena queixería situada na contorna de Arzúa dende onde apostamos pola innovación e polos queixos de autor aportando orixinalidade e frescura á oferta actual no panorama galego.
O segredo da materia prima
Elaboramos queixos como facían as nosas avoas
Os nosos queixos Verbas están elaborados co leite das nosas vacas, as cales pacen e viven libres nun entorno ecolóxico.
Feitos na nosa Queixería Lactear S.A.T con moito cariño e respeto pola nosa terra.
Verbas é un queixo graxo madurado, con leite, callo e sal, nin máis nin menos. Un queixo como o facían as nosas avóas sen químicos, sen aditivos e sen ceras.
